viernes, 29 de abril de 2016

Preparando... o esperado día!!

Os nenos e nenas de 1°e 2° traballamos moitisímo para aprender com facer preguntas e facer gráficos de barras para  obter información... todo o que precisamos para poder facer unhas enquisas na rúa e poder sacar as nosas conclusións ca axuda das matemáticas!!
En breve, estaremos pola vila facendo enquisas sobre mobilidade e seguridade vial!!

CONTOS VIAIS 2º PRIMARIA

jueves, 28 de abril de 2016

Google maps, mapas e rúas de Sada!!

Como xa comentamos para movernos con seguridade debemos coñecer ben a nosa vila Sada.
Hoxe na aula ; repasamos con google maps o nome de rúas e avenidas e como non... ! Tamén descubrimos que google maps utiliza animais nalgúns lugares do mundo para fotografiar e gravar.

Os nenos de 1° son os vixiantes do patio!!

Onte comezou o turno dos nenos e nenas de primeiro de primaria de vixiantes do patio.
Aqui tedes algunha fotiños en acción:

miércoles, 20 de abril de 2016

martes, 19 de abril de 2016

Semáforos en Primeiro de primaria !!

No entroido os nenos/as de 1° xa demostraron o moito que lles gostan os semáforos !! Aqui podedes ver un obradoiro de semáforos que fixeron na aula ca súa mestra Cristina.

Noticiario de 1°

Os nenos e nenas de primeiro traballan un montón e fixeron unha comprensión oral e escrita a partir dunha noticia na que se traballan contidos de educación vial.
Aqui tedes un exemplo do bo traballo:

viernes, 15 de abril de 2016

Xogos viais 2°

Hoxe aprendimos moito xogando na aula cos xogos online sobre mobilidade sostible e segura.
Aqui tedes algunhas fotiños:

Reporteiros en acción .2º Educación Primaria

Os nenos e nenas de segundo de Educación Primaria fixemos unhas noticias inventadas sobre a nosa Vila. Primeiro, escribimolas. Segundo, as limos. Terceiro, as gravamos. Por último, as publicamos no blogue. Esperamos que vos gusten.Fixemolas con todo o noso cariño. Un bico os nenos e nenas de segundo.

lunes, 11 de abril de 2016

Vixiantes do patio!!

Neste terceiro trimestre seguimos cos vixiantes do patio!! Neste caso son os nenos e nenas de 2°de educación primaria☺

jueves, 7 de abril de 2016

Educación Vial en 5º. Deseñadores de novas sinais! pero sen esquecer as verdadeiras.

Grupo 5 Grupo 4 Crupo 3 Grupo 2 Grupo 1

Paso de peóns en 4 anos!!

Esta semana a profe de audición e linguaxe Ana visitou a clase dos nenos/as de 4 anos para contarlles un conto do Bolechas titulado "la calle" .Falaron sobre os pasos de peóns e os seus sinais.Para finalizar simularon na aula o paso de peóns e o pasaron xenial!!!
Aqui vos deixamos algunhas fotos :