sábado, 28 de mayo de 2016

Onte, en 5º, traballamos Educación Vial en Aula Planeta.

Na Plataforma educativa Aula Planeta traballamos a educación vial de forma interactiva cos nosos portátiles da Aula Abalar.

jueves, 26 de mayo de 2016

1°Mural vial!!

Os nenos e nenas de primeiro fixeron coa mestra Ana un mural sobre as formas e cores dos sinais de tráfico.

domingo, 22 de mayo de 2016

Móvete con Tino!! Na voz de Galicia


GRANDE AFLUENCIA DE VISITAS NO BLOGUE "MÓVETE CON TINO"!!


O blogue este fin de semana tivo moitas visitas!!
Grazas por entrar e ver os nosos traballos.





Gráfico de las vistas de la página de Blogger

Pleno no Concello: Móvete con Tino

Despois de moito traballo e de realizar multitude de actividades, chegou o momento de facerlle chegar ao alcalde de Sada todas as nosas proprostas. Parabéns a todos e todas polo esforzo, entusiamo e ilusión cos que levasteis adiante este proxecto.

viernes, 20 de mayo de 2016

Chegou o día do PLENO!!!

Hoxe é o esperado día.. en breve colgaremos un resumo do pleno para que vexades que ben o fixemos!
Aquí tedes un avance , camiño o pleno!!

martes, 10 de mayo de 2016

TRÍPTICO DO CAMIÑO ESCOLAR!!

NO MES DE XUÑO... PARQUE MÓBIL!!

A policia Local de Sada comunicounos que no mes de xuño levaría a cabo un parque móbil cos nosos nenos/as. Estamos a espera!!

9 MESES 9 HÁBITOS !!

Durante este curso , os nenos e nenas da nosa escola estivemos investigando e lendo moito sobre hábitos de vida saúdabel tan importantes para nosa saúde e necesarios para movernos con seguridade. Entre todas as aulas elaboramos uns carteis para non esquecelo. Aquí vos deixamos uns exemplos: Actividade relacionado co Equipo de Dinamización da Lingua Galega:

Preparando exposicións 4°de primaria biciletas e motos!!

Hoxe na biblioteca da nosa escola os nenos e nenas de cuarto estaban moi concentrados!!
Preparan un exposición oral co apoio dunha presentación elaborada por eles e elas mesmas sobre as bicicletas e as motocicletas !!

Stop!! pay attention! Cross!!

Aqui tedes o video da actividade coa mestra Teresa , na que os nennos/as de 2º fan un xogo en Inglés. Esperamos que vos guste!!

ACTIVIDADES DE 4 ANOS COA MESTRA !!






lunes, 9 de mayo de 2016